Thursday, November 20, 2008

NUN FÍO DE AUGA


O sol mexe os ramos...

Só atento á beleza, un fío de auga escolle os clareiros perlados de orballo, e cae con estrondo da pena escarpada.
E só a cada pouco a ra sae a seco.
Acada o seu cumio na verde eminencia da pedra que aflora.
Só se é percibida oculta o seu medo.
O sapo, cando ela, é un seixo rolado na herba enlodada. Fala alto, enleado no verbo da terra, á trémula chama do sol de setembro.
E gostan sen taxa, nas verdes descidas amadas do sapo, o hálito fresco da terra orballada; a parva ledicia do vento na herba...

Como non é doado pór orde na fraga.

Francisco Domínguez Romero

No comments: